O alumnado de 4º da ESO do CPI do Pino organiza un guateque para recadar fondos para a excursión
- ecosdacomarca

- 20 dic 2022
- 1 Min. de lectura
A cita terá lugar este venres, 23 de decembro, na discoteca Josfer de Touro
Ecos da Comarca/O Pino

Este venres, 23 de decembro, o alumnado de 4º da ESO do CPI Camiño de Santiago en Arca (O Pino) organiza un guateque. Será de 22:00 a 2:00 horas na Discoteca Josfer en Touro.
"Quedades convidados para axudarlles a recadar fondos para a súa viaxe de fin de curso", recalcan.

Cabe mencionar que tamén puxeron á venta lotaría de Nadal para conseguir financiación para esta viaxe. Máis información desta nova no enlace:







Comentarios