Laura Moure/Touro
O alumnado de Primeiro da ESO do CPI Fonte Díaz, no Concello de Touro, participou esta semana na xornada de información Redes sociais: qué se esconde tras elas, organizado polo Servizo de Prevención de Condutas Aditivas de Touro, Boqueixón e Teo e no que participa o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Touro.
Ana Alonso, psicóloga experta en adicións, falou aos rapaces e rapazas nas súas aulas sobre os riscos da internet. Estas charlas, que comenzaron a impartirse en Touro o ano pasado aos pais e nais, serven para evitar o ciberacoso. Entre os consellos aos máis novos está: comportarse con educación na rede, non facilitar datos persoais ou pedir axuda en situacións de acoso.
Comments