O alcalde palense pide ao goberno central medidas ante o encarecemento de carburantes e da enerxía
- Laura Moure

- 19 mar 2022
- 1 min de lectura
Recalca que esta situación afecta especialmente ao sector agrogandeiro e tamén á prestación dos servizos municipais
Laura Moure/Palas de Rei
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, comprobou in situ, a ubicación das instalacións da futura planta deputadora de García Baquero en Palas de Rei. O rexedor palense, aproveitou a ocasión para amosar a súa gran preocupación pola situación que está a pasar o sector agrogandeiro do municipio e reclamou medidas urxentes para o sector, a vez, que amosou a súa preocupación pola “extrema gravedade da situación que está a afectar a toda a cadea agroalimentaria".

O mandatario urxe ao goberno de España a que reaccione de inmediato, ante esta situación pola que está a pasar o sector agroalimentario e do transporte. "O estado non pode seguir recaudando extraordinariamente, mentres os diversos profesionais da agricultura e da ganadería agonizan pola suba de prezos nos carburantes, enerxía e materias primas. É unha situación insostible", recalca. Por iso urxe ao goberno central a que tome medidas con "carácter de urxencia”.
E sinala que dita situación tamén está a afectar moi negativamente aos Concellos na prestación dos diversos servizos aos veciños provocando importantes desfases nos orzamentos municipais, motivados en gran medida, polo encarecemento da enerxía e dos combustibles. Neste senso, o Concello deberá replantearse a prestación de certos servizos como o de Axuda no Fogar, alumeados públicos entre outros, que poderían ter que sufrír importantes recortes na prestación dos mesmos.
"Tamén o encarecemento dos derivados petrolíferos está afectando moi seriamente ó mantemento e acondicionamento de vía públicas, que na actualidade, están a duplicar, nalgúns casos, incluso a triplicar os seus prezos”, subliña o rexedor palense.







Comentarios