top of page

O alcalde do Pino pediulle á Amtega información sobre os núcleos que terán fibra óptica este ano

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Solicitará que toda a veciñanza teña opción de conectarse á internet de alta velocidade


Laura Moure/O Pino

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, remitiulle o pasado luns un escrito a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) no que lle solicita ao organismo dependente da Xunta información sobre o despregue de fibra óptica no municipio. O goberno local quere saber que núcleos de poboación se verán beneficiados polo Plan de Banda Larga 2020 da Xunta de Galicia e polo Programa de extensión de banda larga de nova xeración do Goberno central.


O Plan de Banda Larga 2020, que foi aprobado pola Xunta en 2015, asume os obxectivos establecidos na Axenda Dixital para Europa de garantir unha cobertura de banda larga de cando menos 300 Mbps (megas por segundo) para a totalidade da poboación e impulsar a contratación nos fogares de servizos de banda larga de máis de 100 Mbps.


O municipio do Pino ten máis de 150 núcleos de poboación. Manuel Taboada quere saber cales van poder contar con fibra óptica ou conexión de banda larga e en que datas está previsto facilitar este servizo á veciñanza. Unha vez reciba a resposta oficial e se saiba que núcleos non van quedar cubertos con este plan, Manuel Taboada solicitaralle á oficina do Plan de Banda Larga da Amtega; ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e tamén ás empresas de telefonía que operan no Pino que “acometan as infraestruturas necesarias para que toda a veciñanza do concello poida ter acceso a banda larga para conectarse a internet”.

O casco urbano do Pino.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page