O alcalde do Pino lamenta o pasamento de José Manuel Roibás, asesor xurídico do Concello
- Laura Moure

- 16 feb
- 1 min de lectura
Desempeñou este servizo durante máis de tres décadas
Laura Moure/O Pino
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, trasladoulle onte “o máis sentido pésame” a viúva e fillas do avogado José Manuel Roibás Vázquez, que finou onte aos 60 anos. Durante máis de tres décadas, José Manuel Roibás foi o asesor xurídico do Concello do Pino, “desenvolvendo un traballo que foi peza clave no funcionamento municipal e deixando unha fonda pegada tanto no ámbito profesional como persoal”.

Natural de Outeiro de Rei, José Manuel Roibás era o asesor xurídico do Concello do Pino,
así como de outros municipios tanto galegos como do resto de España.
Publicidade
Os seus restos mortais están depositados no Tanatorio Apóstol, de Santiago de Compostela, cidade na que tiña o seu bufete. O enterro terá lugar hoxe, luns 16, ás 18:30 horas na Capela do Complexo Apóstol e seguidamente será incinerado na intimidade familiar.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

“Durante 33 anos prestou servizo no Pino con profesionalidade, rigor e compromiso,
defendendo sempre os intereses da veciñanza e os do Concello”, afirma Manuel Taboada.
Publicidade
En nome da Corporación municipal e de toda a veciñanza do Pino, Manuel Taboada
trasladoulle o máis sentido pésame á viúva de Roibás, Ana Veiga, e ás súas fillas, Iria e Alba, así como a toda a súa familia e achegados.








Comentarios