top of page

O alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, dille ao BNG que "non é covardía senón responsabilidade"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Afirma que "a responsabilidade está en axilizar o funcionamento do consistorio sen máis xogos e atrasos da oposición"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces


COMUNICADO DO EQUIPO DE GOBERNO DE VILA DE CRUCES

"É incrible o que está a ocorrer neste concello cos representantes do BNG, que seguen crendo que son os únicos que poden inclinar a balanza, e non se dean conta de que cos seus tres concelleiros non son suficientes para aprobar os orzamentos, nin ningún proxecto que este goberno queira sacar adiante, pero seguen mentindo aos veciños e veciñas dicindo que con eles no goberno isto sería diferente. A Taboada gustaríalle que lle dixesen onde estaría esa diferenza, a non ser que sexa verdade o que o señor Fiuza anda dicindo por aí de que a candidata do PSOE faría todo o que eles lle pedisen, algo que desde o goberno de Xuntos non o ven nada claro debido a que coñecen á representante do PSOE e están seguros que a señora Carmen ten criterio propio e non bailaría ao son que lle cantase o BNG.


É máis Taboada está totalmente tranquilo ante as acusacións do señor Fiuza de que non se fai nada desde o goberno de Xuntos desde hai dous anos, porque as probas demostran o contrario, e respóndelle a Fiuza “que unha cousa son os seus desexos e outra moi distinta as realidades” unhas realidades que se poden observar día tras día, e xa non fala dunha pandemia que non permitiu traballar ao cen por cento, e que agora que vai remitindo é cando máis se ve os progresos, iso parece que enerva á oposición.


Taboada reafírmase nas súas declaracións de oposición destrutiva, e a proba está na última declaración que se atreveu a dicir o BNG que é unha vergoña cando din que o goberno de Xuntos pretenda utilizar o diñeiro dun remanente que é de todos os veciños en investimentos para a cidadanía,(está claro que eles prefiren que estean os cartos nunha conta bancaria) coa escusa de esixir saber en que se vai a utilizar, ao que Taboada respóndelle que non se preocupen porque serán totalmente transparentes e claros cos investimentos, pero que Xuntos non ten a obrigación de consultar estes investimentos con aqueles que non queren o benestar dos seus veciños e veciñas, e o único que lle preocupa é conseguir a alcaldía para demostrar a súa valía ante a súa xefa de partido e poder crecer e lograr un posto máis relevante no BNG de Galicia.


Do PP pouco máis ten que dicir que o que dixo ata o momento, o único é que Taboada aconsella a Otero a que se de unha volta polo municipio e que observe como se vai arrombando e realizando todo aquilo que el non realizou e que Xuntos está a levar acabo, con moito esforzo e sen axuda da oposición.


Taboada pola contra seguirá traballando por e para os veciños de Vila de Cruces porque el non ten outras pretensións políticas que non sexa o benestar de todos os cruceños e cruceñas, como se demostra nos investimentos que cada día van cambiando Vila de Cruces entre as que se atopan os máis de 80.000 euros investidos na nova pavimentación da rúa paralela a Sergio Iglesias ou a construción e ampliación da nova senda que conduce á gardería municipal, ou os máis de 100.000 euros investidos na nova cuberta que xa loce no pavillón municipal, pero claro, “disto non fala en BNG”, recalca Taboada.

O edil Julio López e Luis Taboada supervisando a ampliación da senda onda a gardería.


0 comentarios

Komentáře


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page