top of page
Foto del escritorecosdacomarca

"O alcalde de Touro cambia os plenos para asistir á Deputación e embolsarse uns 1.000 euros"

A Marea Veciñal de Touro considera que "é un saqueo. Son mil euros adiccionais ao soldo que ten actualmente mentres defende o interese empresarial de Abanca"


Ecos da Comarca/Touro


COMUNICADO ÍNTEGRO DA MAREA VECIÑAL DE TOURO

CONTINÚA O SAQUEO. O ALCALDE CAMBIA OS PLENOS PARA PODER ASISTIR Á DEPUTACIÓN DA CORUÑA E EMBOLSARSE ARREDOR DE 1000 EUROS ADICCIONAIS AO SOLDO QUE TEN ACTUALMENTE MENTRES DEFENDE O INTERESE EMPRESARIAL DE ABANCA EN DETRIMENTO DO INTERESE DA VECIÑANZA

O pleno ordinario do mes de setembro serviu para que Ignacio Codesido cambiase a data da celebración dos plenos para poder asistir aos plenos da Deputación da Coruña onde se chegará a embolsar 591euros/día por asistencia a plenos como figurante e 370 euros por comisións. O grupo veciñal recorda como o alcalde aproveitou o seu primeiro paseo á Coruña para votar a favor dos recortes en educación da Xunta de Galicia no presente curso académico. Insólito un alcalde que vota a favor do aumento de ratios nas aulas e en consecuencia en contra dos intereses da veciñanza…


Tamén serviu para que Josefa Codesido anunciase que está encantada de que o servizo de pediatría se leve a cabo no concello de O Pino e que non lle parece un asunto tan grave. O alcalde dixo que o traslado da pediatra foi consensuado coas familias. Finalmente votaron a favor da nosa proposta de solicitar a volta de pediatría logo de decatarse do escándalo público que supoñían as palabras da señora Josefa Codesido.


Noutra orde de cuestións o alcalde, a instancias dunha proposta do noso colectivo, recoñeceu que leva anos dándolle un local gratis á empresa do servizo de axuda no fogar a pesares de que no propio contrato esixíalle o aluguer dun lugar público no concello. Isto provocou a perda de miles de euros para persoas con baixos comerciais baleiros. E por encima nega que lle deixa un local público… que lle pregunten ás auxiliares do SAF onde collen o material… Toman por tontos á veciñanza… . Rematou o punto lamentándose de que perdeu a oportunidade de alugar el un local… Lamentable…


Na moción que levamos para advertirlle a ABANCA que no caso de suprimir servizos na entidade bancaria local ou no caso de pechar o concello retirará os fondos dispoñibles neste banco e pechará a conta sen contemplacións. Neste punto o alcalde opúxose totalmente a retirar os fondos e dalle vía libre a que ABANCA peche a sucursal sen ningún tipo de consecuencias e tumbou a proposta. O alcalde argumentou que a ver se tiña que levar él os cartos para a casa. Afirmou que se non é rentable é normal que peche, poñendo de exemplo de “movemento” a oficina de O Pino. Non nos resultou estrano xa que fai meses Ignacio Codesido posiciounouse en contra de solicitarlle á entidade bancaria a eliminación das tasas abusivas que lle está repercutindo aos veciños. O noso portavoz tamén denunciou a competencia desleal que exerce ABANCA coa venta de seguros, ao que Josefa Codesido afirmou que eso faise en todos os concellos e non ve problema.


0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page