O delegado do goberno en Galicia amosou a súa receptividade e colaboración
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
O alcalde do Concello de Sobrado dos Monxes, Lisardo Santos, trasladoulle ao delegado da Delegación do Goberno en Galicia, José Miñones, o rexeitamento do Concello ao parque eólico Alto dos Borrallos.
O rexedor informou de que "hai dous eólicos proxectados moi preto dos núcleos de poboación, tendo polo tanto un forte impacto negativo nestes". As parroquias ás que afecta este proxecto son Roade, Cumbraos, Grixalba e A Ciadella.
Na reunión, o delegado do Goberno en Galicia amosou a súa receptividade e colaboración. O Concello presentará as alegacións oportunas tendo en conta o anteriormente mencionado e porá a disposición dos veciños e veciñas un servizo de asesoramento así como os planos do proxecto, que xa poden ser consultados na Casa do Concello.
Lisardo Santos e José Miñones durante a reunión.
Comentarios