O alcalde de Silleda recibe ao vicepresidente do Centro Lalín Agolada Silleda en Bos Aires
- ecosdacomarca
- 19 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, recibiu no consistorio a José González Costa, vicepresidente do Centro Lalín Silleda Agolada en Bos Aires, que está a pasar uns días na comarca. “Para min é todo un motivo de satisfacción recibir a visita dos nosos emigrantes", indica o alcalde que reiterou o seu agradecemento pola gran acollida que recibiu a delegación silledense que viaxou a Bos Aires en 2017.

Tamén José González Costa amosou o seu agradecemento en nome do Centro ao alcalde silledense, que trasladou un agarimoso saúdo aos veciños e veciñas de Silleda residentes na capital arxentina a través do seu vicepresidente, natural do veciño municipio de Lalín.
Publicidade
Commentaires