top of page

O alcalde de Palas reunirase este mércores coa empresa de pellets e reciclaxe para o seu asentamento

Ecos da Comarca/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, manterá este mércores unha xuntanza de traballo con responsables da empresa de fabricación de pellets e reciclaxe ó fin de acadar a súa implantación en Palas de Rei.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O rexedor palense, amósase esperanzado unha vez máis e lembra que "non houbo outro concello da provincia que acadase tanta inversión privada para os seus veciños". Desvelou que o volumen de inversión de iniciativa privada abarcaría ata os dous millóns de euros, mentres que a capacidade xerar postos de traballo sería de máis de 25 postos directos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Destacou a declaración de Palas de Rei como concello emprendedor por parte da Xunta de Galicia o cal "aporta un plus para promover a instalación de empresas no termo municipal" afirma, Pablo Taboada, que adiantou que "as facilidades serán máximas".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!



1 Comment


xocas gonzalez
xocas gonzalez
Dec 12, 2023

Moitas promesas pero ningunha realidade. Así funciona este partido pero a maiores apostan por Lourizán....nada que non se vira.

Like
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page