O alcalde de Palas reúnese co sector dos talleres e de recambios para abordar a ITV fixa da vila
- Laura Moure
- 24 oct 2022
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, reuníuse esta mañá co sector dos talleres e recambios para dar a coñecer os pormenores do proxecto para a implantación dunha estación fixa de ITV nesta localidade. O anuncio desta nova instalación, realizábase o pasado 28 de setembro, nun acto en Palas de Rei, que contou coa presenza de representantes da Xunta de Galicia, dos membros da Corporación Municipal e da empresa concesionaria do servizo en Galicia, SyC-Applus, Alberto Zalvide, que xunto coa a secretaria xeral de Industria, Paula Uría, deron a coñecer esta estación de ITV fixa.
Esta comenzarase a construir no vindeiro ano e estará en funcionamento en 2024, ocupando unha superficie de 2.000 metros cadrados da terceira fase do Polígono Empresarial. A inversión superará os dous millóns de euros e dará servizo a preto de 40.000 vehículos, contará con dúas liñas de inspección e xerará 15 empregos directos.
O alcalde palense aproveitou para dar a coñecer o proxecto xunto coas datas de desenvolvemento do mesmo así como, se falou do impacto e transcendecia deste novo servizo no municipio.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Comentarios