Laura Moure/Palas de Rei
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital acepta a proposición feita polo Concello de Palas de Rei para a mellora da cobertura móbil e acceso a datos (e internet) en varios lugares do termo municipal, que están a presentar problemas de cobertura, logo dun pormenorizado estudio, realizado xa a comenzos de 2020, polos técnicos municipais.
Dita relación de lugares, aparecen recollidas na web oficial do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, no apartado dixitalización e intelixencia artificial/ banda ancha/zonas brancas e grises NGA 2020. Neste caso, o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada solicita a urxente execución das actuacións necesarias para desenrolar este Plan. A súa vez, resalta que agarda que “por parte do Goberno Central dea a maior celeridade posible a este tipo de actuacións na Galicia Rural, para que sirvan de revitalización e incentivo para o asentamento nas zonas menos poboadas”, manifesta Pablo Taboada.
Comments