top of page

O alcalde de Palas lembra a necesidade de que se licite a concesión para dúas áreas de servizo na A-54

O Goberno de España trasladou ao rexedor que teñen previsto repoñer as vías afectadas polas obras da A-54 e comprométese a solucionar os problemas coa traída de auga en Remonde e Vilar de Remonde


Ecos da Comarca/Palas de Rei

O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, mantivo unha reunión coa subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez e co xefe de Demarcacións de Carreteras en Galicia, Ángel del Río, onde o rexedor palense volveu a lembrar a necesidade de que se licite a concesión para a construción e xestión de dúas áreas de servizo que se habilitaron na A-54.

“Hay varias empresas interesadas en abrir gasolineiras no municipio ante o incremento de empresas nos últimos anos e a previsión de futuro de que se abran máis, polo que consideran un lugar idóneo para este tipo de servizos, son dous espazos habilitados na A-54, fora do ámbito do casco urbano” manifesta Taboada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tamén, os responsables do Goberno trasladáronlle ao alcalde que este verán teñen previsto repoñer as vías afectadas polas obras da A-54. Neste ámbito, o Goberno comprométese a solucionar os problemas coa traída de auga en Remonde e Vilar de Remonde.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A súa vez, o alcalde pediu que se execute a mellora da travesía municipal, xa que ten deficiencias no firme e reclamou que se execute o plan para a instalación da fibra óptica, dado que aínda hai zonas do municipio sen cobertura.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page