top of page

O alcalde de Palas de Rei expón a situación empresarial do municipio nun foro galego do sector

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde Palas de Rei, Pablo Taboada participa nunhas xornadas de dinamización empresarial onde se xuntaron máis de 150 persoas vinculadas co sector empresarial galego.

Neste foro, onde se analizaron as propostas empresariais de futuro, contou coa presenza do Conselleiro de Industria, da Secretaría Xeral de Industria, do presidente da Red Localis en Galicia, de representantes das organizacións certificadoras, de técnicos dos concellos máis desenrolados empresarialmente e empresarios e membros das asociacións empresariais galegas.

Neste eido o rexedor palense explicou a experiencia que supuxo a implantación de grandes empresas en Palas de Rei, como é o caso de Jim Sports con máis de douscentos empregos xerados, Granxas Campomayor cun centear de empregos xerados e García Baquero que elexiu Palas para iniciar a súa vinculación coa Denominación de Orixe Arzúa- Ulloa.


Tamén falou do proceso de implantación de Altri, así como, doutros proxectos en marcha como o Centro de Almacenamento de Datos, entre outros, "que o pobo de Palas de Rei agarda con esperanza".

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page