Ecos da Comarca/Palas de Rei
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, reunirase con representantes do Ministerio para analizar a situación das vías municipais ocupadas durante a construción da A-54, así como, aquelas que foron utilizadas puntualmente durante estas obras ó fin de proceder a reposición dos firmes afectados.

Publicidade
Tamén, tratarán a situación da rotonda de acceso en Remonde. Así mesmo, o rexedor palense solicitará ó Ministerio a reposición das traídas de auga ós lugares de Remonde e Vilar de Remonde que aínda que son de titularidade vecinal afectan a varias casas do concello de Palas de Rei. Cabe mencionar que hai escasos días ECOS DA COMARCA estivemos escoitando as reivindicacións da veciñanza do Vilar. O que nos contaron no enlace e no vídeo: https://www.ecosdacomarca.com/post/veci%C3%B1anza-do-vilar-palas-de-rei-asegura-estar-sen-auga-a-consecuencia-das-obras-da-autov%C3%ADa-a-54
Comentários