Laura Moure/Palas de Rei
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, mantivo unha reunión de traballo coa Asociación de Pais e Nais de Alumnos/as onde analizaron posibles fórmulas de colaboración para a realización e programación conxunta de diferentes actividades. Neste caso, Pablo Taboada valorou positivamente as diferentes actuacións realizadas ata o momento por dita asociación, e nas que o Concello colaborou activamente, destacando as últimas charlas de conciliación.
Asimismo, valoraron a posibilidade de realizar unha programación de actividades de carácter estable, de cara o vindeiro curso. O rexedor palense tamén informou a este colectivo das actividades de verán que o Concello ten previsto que teñen lugar nos meses de xullo e agosto e nas que participan máis dun centear de nenos e nenas.
Comments