top of page
Foto del escritorLaura Moure

O alcalde de Palas aborda coa nova conselleira de Vivenda e Planificación varios temas que afectan ao municipio

Trataron evolución da segunda fase do acondicionamento da vía titularidade autonómica entre Palas de Rei a Friol e as propostas dentro Plan Urbe


Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, aproveitou a recente visita á Comarca da Ulloa da recén elixida conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestructuras da Xunta de Galicia, María Martínez, para trasladarlle as necesidades en varios proxectos que afectan ó municipio. Neste sentido o rexedor interesouse pola evolución da segunda fase do proxecto de acondicionamento da vía titularidade autonómica entre Palas de Rei a Friol, a LU-231, máis concretamente, o treito que vai dende Castrelo a Palas de Rei e ó correspondente proceso expropiatorio.

Desta que “a execución da totalidade deste eixo viario é fundamental dado que, ademais de beneficiar as conexións directas entre Palas e Friol, conectaría tres autovías:

trascantabrica, A-6, e a A-54, así como, suporá a mellora da competitividade para a produción do sector primario e a industria desta contorna da provincia de Lugo”.


Publicidade

O mandatario tamén lle trasladou á conselleira a importancia e a necesidade das novas obras da acondicionamento propostas dentro Plan Urbe para Palas de Rei.


0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page