top of page
Foto del escritorLaura Moure

O alcalde de Monterroso demándalle ao Ministerio de Transportes unha intervención urxente na N-640 ante o mal estado que presenta

O colectivo veciñal agradece que “por fin o alcalde de Palas recoñeza que é normal que haxa voces discordantes”


Laura Moure/Monterroso

O alcalde do Concello de Monterroso, Eloy Pérez, vén de dirixir un escrito ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para reclamar unha intervención urxente na N-640 ante o mal estado que presenta a vía. O rexedor recorda que esta estrada é a día de hoxe o principal eixo de comunicación viaria entre Lugo e Pontevedra, ante a ausencia da alternativa dunha vía de alta capacidade, infraestrutura estatal con melloras pendentes na

provincia de Lugo desde hai varios anos.


A travesía Monterroso-Antas de Ulla está considerada unha das vías máis perigosas da Comunidade, polo que se fai necesaria a súa reforma co obxectivo de mellorar a seguridade. A climatoloxía adversa, unida á gran cantidade de vehículos que soporta a vía, provoca que aquelas estradas que se atopan en mal estado e con deficiencias de mantemento, empeoren, convertendo esta estrada nun verdadeiro perigo para os vehículos que a transitan.

Esta estrada discorre por importantes comarcas e localidades de destacado impulso económico, tales como a Comarca da Ulloa, Lalín e A Estrada. Ademais, conecta localidades e funciona como a primeira travesía urbana en municipios lucenses como Monterroso ou Antas de Ulla.


Publicidade

O alcalde explica que circular por esta estrada “se ten convertido nunha auténtica odisea, con multitude de fochancas, gretas e todo tipo de problemas no pavimento, que están a provocar ao seu paso polo termo municipal do Concello de Monterroso importantes accidentes de tráfico, polo que o arranxo da mesma debe ser inminente, debendo atenderse de forma urxente o mal estado do seu firme”.


Demanda dunha solución “rápida”

Desde o Goberno local demandan unha solución rápida e o seu arranxo para que poidan existir as condicións adecuadas para o seu tránsito por parte dos cidadáns que diariamente se ven obrigados a circular por esta estrada co perigo que supón o seu estado.


Publicidade

Así, Eloy Pérez vén de remitir un escrito no que solicita que o Ministerio proceda a renovar o seu firme, se realicen as melloras necesarias na N-640 e se leve a cabo o mantemento preciso, actuacións moi necesarias tanto para a seguridade das persoas, como para evitar danos materiais que sofren os vehículos que a diario circulan por esta vía.


NOTICIA RELACIONADA:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page