Foi durante unha entrevista este martes no programa que dirixe ela, 'Ya es mediodía'
Laura Moure/Lalín
O alcalde de Madrid, José Luis Martínez Almeida, propoñe á presentadora Sonsoles Ónega desfrutar ambos da súa retirada en Lalín. Si, en Lalín! Isto foi o que lle propuxo este martes no seu programa de Telecinco Ya es mediodía e tal e como fixo eco, e todo orgulloso, o alcalde do municipio, José Crespo, a través das súas redes sociais.
Este programa e José Luis Martínez Almeida comparten día de celebración aínda que este espazo de Telecinco lévalle un ano de vantaxe, porque Almeida leva dous a cargo de Madrid e o programa, tres anos de emisión. Sonsoles Ónega, co o humor que a carateriza, preguntoulle ao mandatario madrileño: Cal dos dous vai durar máis? E ante esta pregunta Martínez-Almeida propúxolle á presentadora un pacto: “Sonsoles, lévasme un ano de vantaxe e isto vaino decidir o noso público. Pero propóñoche un pacto: que estemos os dous o mesmo número de anos e logo retirámonos a Lalín como mestres da orden do Cocido de Lalín que nos fixeron en febreiro do 2020. Un acordo amistoso, de consenso”. Porque efectivamente foi neste ano, na última edición, cando Sonsoles Ónega foi a pregoneira da Feira do Cocido de Lalín e Almeida tamén asistiu, converténdose ambos en enconmedadores do prato estrela deste municipio.
Ónega durante o pregón en Lalín onde se pode ver tamén a Almeida.
Autor: L.M.M.
Ante isto Ónega contestou: “Absoluto consenso niso, no outro non o sei porque vostede dixo que só quería estar dúas lexislaturas, así que a min quedaríame cinco anos... Paréceme pouco, eu non asino". Sen embargo, pareceulle boa idea o de Lalín. "A Lalín si, con el é outra cousa... aínda que o apreciamos moito neste programa", concluíu.
Podedes ver o vídeo neste enlace:
Comments