O alcalde de Lalín mativo unha reunión director do Museo de Aeronáutica de Cuatro Vientos
- Laura Moure

- 7 mar
- 2 min de lectura
O obxectivo do encontro foi avanzar na preparación do centenario de Loriga
Laura Moure/Lalín
O alcalde de Lalín mantivo unha reunión co coronel Félix Manjón Martín, director do Museo de Aeronáutica e Astronáutica, situado na base aérea de Cuatro Vientos (Madrid), no marco dos traballos de preparación dos actos conmemorativos relacionados co centenerario do Raid Mdrid Manila e co pasamento da figura do piloto lalinense Joaquín Loriga Taboada.

O museo atópase precisamente no mesmo aeródromo no que Loriga perdeu a vida, e nas súas instalacións consérvase un avión modelo Breguet, o mesmo que o aviador pilotou durante o histórico raid Madrid–Manila, ademais dun espazo expositivo con ilustracións e explicacións detalladas desta fazaña aeronáutica, considerada unha das grandes xestas da aviación española da época.
O encontro celebrouse no contexto da preparación dos actos que Lalín prevé desenvolver con motivo do centenario do raid Madrid–Manila e do falecemento do aviador, efemérides que se conmemorarán nos anos 2026 e 2027.
Publicidade
Tras a reunión, o rexedor lalinense destacou a receptividade e o ambiente de cordialidade mantido co coronel Manjón Martín, así como a boa disposición do Museo de Aeronáutica e Astronáutica para colaborar nas actividades previstas arredor desta importante conmemoración histórica.
Unha reunión xestionada e preparada polo lalinense Manuel Guerreiro, gran afeccionado ao mundo da aeronáutica, quen está a colaborar de maneira activa e desinteresada na programación dos eventos conmemorativos, achegando o seu coñecemento e experiencia como experto nesta materia.
PUBLICIDADE
A axenda do alcalde en torno á preparación destes actos continuou ao longo da xornada do xoves, cando mantivo un encontro con responsables do Exército do Aire e do Espazo co obxectivo de recabar o apoio e a participación deste departamento militar nos actos do centenario. En concreto, o rexedor reuniuse co xeneral do Aire Francisco Braco Carbó, Xefe do Estado Maior do Exército do Aire e do Espazo (JEMA), nunha toma de contacto que tivo lugar no Senado, coincidindo cun acto no que participou esta autoridade militar na Cámara Alta.








Comentarios