top of page

O alcalde de Cruces visita as actuacións realizadas coa maquinaria da Mancomunidade

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O alcalde do Goberno de Vila de Cruces, Luís Taboada, visitou unha das zonas nas que se están a desenvolver actuacións de acondicionamento e limpeza viaria no municipio, acompañado polo concelleiro de Vías e Obras, Juan Carlos Rodríguez.

A actuación visitada corresponde a traballos realizados coa maquinaria da Mancomunidade de Terras de Deza, uns medios que permiten reforzar as tarefas

de mantemento e mellora da rede viaria nas distintas parroquias do concello que precisan deste tipo de intervencións.


A maquinaria da Mancomunidade xa estivera operativa en Vila de Cruces durante os primeiros meses deste ano 2026 e, nestes momentos, volve prestar servizo no municipio, facilitando a execución de novos traballos en diferentes puntos.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

A previsión do Concello é continuar desenvolvendo labores de acondicionamento e limpeza co obxectivo de mellorar o estado das vías e favorecer un mellor mantemento das infraestruturas municipais.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O alcalde, Luís Taboada, destacou a importancia de contar con este tipo de medios compartidos, que permiten actuar dunha maneira máis áxil e eficiente en distintas zonas do municipio.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page