Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Concello de Vila de Cruces está a acometer as obras de mellora dun camiño desde O Camballón á Cima de Aldea e Fornelos, na parroquia de Toiriz.
Publicidade
O alcalde Luís Taboada, e o concelleiro de Obras, Juan Carlos Rodríguez, visitaron a
obra coa que se quere renovar a capa de rodaxe, que se atopaba en mal estado de conservación tras máis de 30 anos sen lle realizar ningún tipo de actuación. Con esta
intervención, o equipo de goberno erradicou a problemática existente que “apenas se
podía arranxar co bacheo que se levaba realizando desde 2019”.
O camiño ten unha lonxitude de 750 metros e un ancho de plataforma de 4 metros. Ademais da construción dun novo firme, estanse executando traballos de limpeza de
cunetas, bacheo e proxéctase tamén a pavimentación dos sobreanchos e entronques
existentes.
Comentarios