top of page

O alcalde de Arzúa presenta en Santiago de Compostela a 50ª Festa do Queixo

Laura Moure/Arzúa

O alcalde de Arzúa, Xoán Xesús Carril, está a percorrer diversas cidades galegas para presentar a 50ª edición da Festa do Queixo, un evento de referencia na gastronomía e na cultura do país. Carril estivo en Santiago de Compostela xunto á alcaldesa, Goretti Sanmartín, e á concelleira de Festas e Deportes, Pilar Lueiro, nun acto de promoción desta festividade que cada ano atrae milleiros de visitantes a Arzúa.

foto

O Concello de Arzúa busca levar a mensaxe desta festa aos maiores lugares posibles,

convidando a toda Galiza a celebrar este aniversario tan especial. O mandatario agradeceu á rexedora compostelá Goretti Sanmartín o apoio institucional á festividade e a súa colaboración para impulsar a promoción deste evento. “Quero agradecer a implicación do Concello de Santiago, que demostra unha vez máis que a cultura galega medra cando traballamos xuntos. A Festa do Queixo non é só de Arzúa, é de toda Galiza”, destaca.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Esta campaña de difusión continuará nos vindeiros días noutros concellos galegos, reforzando o obxectivo de expandir o espírito da Festa do Queixo máis aló das fronteiras de Arzúa. “Queremos que a xente de todo o país sinta que esta celebración tamén lles pertence. Por iso, seguiremos levando o noso queixo e a nosa cultura a máis puntos de Galiza”, anunciou Carril.


A Festa do Queixo, que este ano cumpre medio século de historia, celebrarase do 14 ao 16 de marzo en Arzúa e contará cun programa completo que combina tradición, cultura e música para todos os públicos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page