top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O alcalde de Agolada solicita unha reunión ao conselleiro de Medio Rural para abordar as parcelarias

Ecos da Comarca/Agolada

O alcalde de Agolada, Luis Calvo, vén de remitir unha carta á Consellería de Medio Rural tal e como xa avanzara o pasado día 12 tras a concentración convocada pola Asociación Queremos Parcelarias en Agolada. A través deste escrito solicítalle ao titular desta área, José González, unha reunión á que asistiría tamén o concelleiro de Medio Rural, Manuel Hilario García.

Asistentes á concentración o pasado día 12.

O motivo deste encontro é abordar de novo a reactivación da concentración parcelaria

dos coñecidos como núcleos 1 (Agra, Sexo, A Baíña e Val), 2 (Berredo, Eidián, Basadre e

Ramil) e o inicio da reordenación do núcleo 3 (Brocos e Sexto).


Na mesma carta o rexedor infórmalle ao conselleiro que no último pleno ordinario de

Agolada, o do pasado 5 de agosto, o equipo de goberno do PAYJ levou unha moción a

través da cal insta á Xunta de Galicia a retomar estes procesos de reestruturación e

que dita moción logrou o apoio unánime da Corporación Municipal, entre esta do

grupo popular.


“Consideramos que este proceso é moi importante para os veciños destas parroquias

que levan anos loitando por estas parcelarias e ademais, estas sempre contribúen a

mellorar o rural”, recalca Calvo.


Ademais, a través deste escrito o mandatario convida a González a visitar o municipio

para comprobar de novo in situ a importancia destas concentracións. Cabe mencionar

que o 1 de marzo de 2019 o conselleiro visitou o municipio agoladés para coñecer

sobre o terreo as futuras zonas de actuación. Ademais, Calvo, xunto ao tenente de

alcalde, Óscar Val, mantivo unha reunión o 4 de marzo de 2021 coa directora xeral de

Desenvolvemento Rural, Inés Santé. Na mesma abordaron os procesos parcelarios,

analizaron a ampliación de camiños, polígonos forestais, novos accesos e a posibilidade

de crear unha escola agrogandeira no municipio.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page