top of page

O alcalde de Agolada reunirase nos vindeiros días cun dos responsables de Aldesa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Actualizado: 2 jun 2021

O motivo do encontro é abordar todo o relacionado coa Liña de Alta Tensión que afectará ao Val de Carmoega


Ecos da Comarca/Agolada

Un dos responsables da empresa promotora, Aldesa Enerxía Renovables de Galicia, Gerónimo de Angulo Hidalgo desprazarase nos vindeiros días, tal e como confirmou este martes, a Galicia e manterá unha reunión co alcalde de Agolada, Luis Calvo. Nesta abordarán todo o relacionado coa Liña de Alta Tensión (LAT) que afecta ao Val de Carmoega.


Este encontro xa fora solicitado hai meses polo mandatario agoladés, tal e como informou o equipo de goberno no pleno do pasado 4 de maio. “Nós o que queremos é ter toda a información de primeira man sobre esta liña de alta tensión e desta maneira, poder trasladarlles todos os datos aos afectados”, indica Calvo.

Autor: Non LAT Carmoega Galegos.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page