O alcalde cruceño visita a obra do camiño situado no lugar de Castrelo, na parroquia de Bodaño
- ecosdacomarca
- 28 nov 2024
- 1 Min. de lectura
Luís Taboada considera que esta intervención, na que se mellora a capa de rodaxe, "aportará seguridade viaria e benestar á veciñanza"
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O alcalde de Vila de Cruces, Luís Taboada, visitou a parroquia de Bodaño para supervisar a obra de conservación do camiño situado no lugar de Castrelo, consistente na mellora da capa de rodaxe deste viario. Na visita, que se celebrou este martes, estivo acompañado polo concelleiro de Obras, Patrimonio e Urbanismo, Juan Carlos Rodríguez.

O alcalde destacou a importancia destas actuacións para a seguridade viaria e o benestar
da veciñanza. Na actualidade, engádese unha nova capa de rodaxe de aglomerado en
quente para dar fin ao mal estado que soportaba este firme, e contribuír así a mellorar os
accesos existentes do concello.
Publicidade
Esta actuación está incluída no Plan de Mellora de Camiños Municipais tramitado polo
Concello de Vila de Cruces.
Comments