top of page

O alcalde cruceño Luís Taboada convoca unha reunión veciñal para tratar a actuación da rúa Vázquez

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

A Deputación de Pontevedra aceptou a proposta que o Concello lle remitira para o acondicionamento desta rúa por un importe de 892.360 euros


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Hai unhas semanas informábase dende o Consistorio de Vila de Cruces de que a Deputación de Pontevedra aceptara a proposta que o Concello lle remitira para o acondicionamento da rúa Vázquez por un importe de 892.360 euros desde o entroncamento coa rúa Sergio Iglesias Pazos ata o cruce coa Travesía Vázquez 2 dos cales 596.681 euros serán financiados pola Deputación. O alcalde, Luis Taboada, antes de pechar o acordo co ente provincial para comezar esta actuación quere coñecer de primeira man a opinión de todos os afectados e con tal motivo promove unha reunión.

Luis Taboada.

Esta será este venres, día 21, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Xosé Casal para tratar esta actuación e en concreto para coñecer as opinións dos seus veciños. "Unha obra que a parte de ser un gran investimento, ten que cumprir coas expectativas de todos e todas as afectadas", subliña o rexedor.


Taboada recalca que “nunha obra desta envergadura o lóxico é que os veciños e veciñas poidan opinar sobre a mesma, co goberno de Xuntos termínanse as imposicións, xa que nós estamos ao dispor dos veciños e veciñas e son eles os que teñen a última palabra”. Por este motivo, realízase este encontro do cal se espera que saia unha decisión clara para poñerse a traballar ou ben modificar a folla de roteiro como incide o mandatario.


0 comentarios

Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page