top of page

O alcalde cruceño esixe á Xunta que cumpra e arranxe os centros educativos da vila

A insistencia de Taboada chega despois de manter unha reunión coa ANPA de Piloño onde se atopou un colexio "con graves deficiencias que ten que atender a administración autonómica"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

Fai máis dun ano que o alcalde de Vila de Cruces, Luis Taboada, e os seus compañeiros de goberno Julio López e Mireya Otero están a solicitar unha entrevista con César Pérez, o xefe territorial de Educación, para trasladarlle todas as deficiencias que veñen observando nos centros escolares de Vila de Cruces.


Segundo Taboada a pinga que colmou o vaso foi a deste venres pola tarde cando mantivo unha reunión coa ANPA do colexio de Piloño por mor dunhas declaracións destes, onde se mencionaban problemas co Plan Concilia e que días atrás acordouse con Mireya Otero, a cal modificara devandito plan para adaptalo ás súas necesidades, algo que estrañou á concelleira e quixo manter unha reunión para deixalo aclarado.

ree

Neste encontro aparte dos pais e nais dos alumnos de Piloño atopábase tamén o mandatario que comprobou novamente "que as instalacións deste centro de ensino, atópanse totalmente abandonadas pola Xunta de Galicia", e comprometeuse a resolver as partes que son responsabilidade do Concello, como leva facendo durante que é rexedor de Vila de Cruces, pero que segundo Taboada non é suficiente.


Reforma integral

“Porque o que necesita este colexio é unha reforma integral, xa que descubrimos deficiencias que nos trasladaron os pais moi preocupantes. Por exemplo, o ximnasio onde se filtra a auga coma se estivesen fóra, con portas de chapas metálicas cortantes e sen protección para os pequenos; "ou mesmo o chan dos baños dos nenos de terrazo dos que se fan as beirarrúas o que fai imposible unha hixiene adecuada e onde tamén se atopan as duchas dos nenos, que continuamente teñen problemas de fungos; os azulexos non é que rompa un ou dous é que caen de 20 en 20 e as paredes están verdes da humidade que resuman, aínda que nas propias instalacións do colexio non é moito mellor, porque nos atopamos co teito do comedor estudantil que cae a anacos e calquera día pódenos dar un desgusto, e se isto fose pouco atopámonos co máis grave, se non se lle pon remedio, e é que segundo nos informan crese que encima das xanelas do colexio que aínda están sen cambiar hai anacos de uralita con amianto coas que os estudantes e docentes teñen que convivir todos os días”. Taboada cre que xa é o momento de que a Xunta atenda as súas responsabilidades e este mesmo luns enviou un comunicado ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, "para que tome cartas neste asunto, unha vez que o seu xefe territorial en Pontevedra César Pérez non quixo atender as súas demandas e as dos seus veciños e veciñas de Vila de Cruces". No comunicado enviado ao conselleiro faise traslado desta demanda e ademais faino extensible aos demais centros educativos Por este motivo, pide unha áxil actuación agora que por vacacións estivais os centros estarán pechados e pódense executar certas reformas.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así mesmo, Taboada anima ao BNG, "xa que parece que tamén está preocupado por este asusto, e que ten representación no Parlamento Galego a que realice un escrito, (que Taboada está disposto a asinar conxuntamente se o BNG llo solicita) para pedir á Xunta estas reparacións urxentes dos nosos centros educativos". E pídello ao partido nacionalista "porque co PP xa non conta. Non fixeron nada en 30 anos, non creo que o vaian a facer agora", recalca o rexedor.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page