top of page

O agility reinará na Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda do 1 ao 4 de maio

Contará cunha gran competición deste deporte canino, a Cuádruple Canedupo


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia ABANCA converterase en espazo de referencia para o agility do 1 ao 4 de maio. Será coa celebración da Cuádrupla Canedupo, unha competición de catro días que será a primeira organizada pola Galician Agility Festival e que contará con gran nivel.

Así, esta cita conta a data de hoxe coa inscrición de máis de 130 binomios de distintos países. Cifra que espera incrementarse notablemente e na que se inclúen figuras tan importantes dentro do agility como Axular Casado, Marita Ogilvie, Johana Michalska, Óscar Morais, Alejandro Sequeiros, Jacobo Martí ou Verónica Odone. Esta última, campioa do mundo en 2023 deste deporte canino, está ademais estes días impartindo clases individuais en distintos puntos de Galicia, principalmente no recinto feiral, onde xa o fixo o martes e o mércores e continuará hoxe e os días 28, 29 e 30 de abril.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

A competición contará con dous dos máis prestixiosos xuíces españois a nivel internacional, o canario Héctor Ramírez e o vasco Pedro Martínez. Estes xulgarán unha proba cada día, ademais do Open Nudesa, o cal se celebrará o sábado 3 de maio e repartirá premios para os tres primeiros clasificados. O segundo e terceiro clasificado de cada categoría recibirán un trofeo, un agasallo dos patrocinadores da competición e unha inscrición para a Galican Agility Cup, mentres que o vencedor sumará a estes un premio en metálico de 200 euros.


Galican Agility Cup, un mega evento internacional

Ademais desta competición, a asociación Galician Agility Festival, está xa inmersa nos preparativos dunha gran cita, a Galican Agility Cup, un evento itinerante que é un dos máis importantes e esperados do mundo do agility.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Celebrado coa colaboración da empresa galega Galican e que tamén terá lugar no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, estenderase do 29 de xullo ao 2 de agosto. Competicións, seminarios, relatorios e outras actividades relacionadas co mundo do can e do agility, conformarán o seu programa.


As inscricións deste mega evento internacional van a moi bo ritmo, con máis de 140 binomios de 12 países, os cales serán xulgados por Stefannie Semkat, Jocke Tangfelt, Héctor Ramírez e Philipp Glur. Pola súa banda, os seminaristas serán Kim Barreau, Verónica Odone, Dani Fischbach e Adrián Bajo, actual campión do mundo de agility.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page