top of page

O agility, protagonista na Feira Internacional de Galicia ABANCA cun seminario do campión mundial

Nel participan unha vintena de afeccionados procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León, os cales esgotaron en dúas horas as prazas


Laura Moure/Silleda

O ring verde do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA acolle este venres un novo seminario de agility organizado pola asociación Galician Agility Festival. Nel participan unha vintena de afeccionados procedentes de distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela-León, os cales esgotaron en dúas horas as prazas dispoñibles.

Un éxito no que ten moito que ver o formador que imparte este seminario, Adrián Bajo, agilitista madrileño que comezou desde moi pequeno neste deporte canino e que é o actual campión de mundo de agility.


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ao longo da tarde de onte, todo o día de hoxe e durante a mañá do domingo, este recoñecido profesional ensinará aos participantes para crear un bo vínculo co can, a construír unhas boas bases do xogo e a condución en pista, entre outros aspectos.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este seminario, que é o quinto organizado pola Galician Agility Festival, é un paso

máis desta asociación no seu obxectivo de dotar a Galicia de eventos formativos e

competitivos con atractivo tanto a nivel nacional como internacional. Un propósito

para o cal escolleron a Feira Internacional de Galicia ABANCA como base das súas

actividades debido tanto ás súas instalacións como á súa localización no centro de

Galicia.


Importantes actividades

A Galician Agility Festival intensificará as súas actividades este ano 2025, tendo xa

programadas outras propostas na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Así, do 25 ao 27 de abril terá lugar outro seminario, coa agilitista Verónica Odone, mentres que do 1 ao 4 de maio levarase a cabo a primeira proba da asociación, en colaboración con Canedupo, a cal será cuádrupla e con dous xuíces nacionais. Así mesmo, desde a entidade séguese perfilando nestes momentos un gran evento internacional.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page