top of page

O actual campión do mundo de agility impartirá un seminario do 7 ao 9 de marzo en Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

O agilitista madrileño Adrián Bajo será o encargado desta formación que terá lugar na  Feira Internacional de Galicia ABANCA


Laura Moure/Silleda

O ring verde do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda acollerá de novo un seminario de agility organizado pola asociación Galician Agility Festival. Esta acción formativa, que terá lugar do 7 ao 9 de marzo, será impartida por Adrián Bajo, agilitista madrileño que comezou desde moi pequeno neste deporte canino e que é o actual campión de mundo de agility.

foto

Un formador que supuxo que en dúas horas se esgotasen as vinte prazas dispoñibles, as cales serán ocupadas por afeccionados de distintos puntos de Galicia, Asturias, Cantabria e Castela León. Estes aprenderán, entre outros aspectos, a crear un bo vínculo co can, a construír unhas boas bases do xogo e a condución en pista.


Este seminario, que é o quinto organizado pola asociación Galician Agility Festival, terá lugar o venres pola tarde, o sábado todo o día e o domingo pola mañá. A súa celebración é un paso máis da asociación no seu obxectivo de dotar a Galicia de eventos formativos e competitivos con atractivo tanto a nivel nacional como internacional. Un propósito para o cal escolleron a Feira Internacional de Galicia ABANCA como base das súas actividades debido tanto ás súas instalacións como á súa localización no centro de Galicia.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Próximas actividades, en abril e maio

A Galician Agility Festival intensificará as súas actividades este ano 2025, tendo xa programadas outras propostas na Feira Internacional de Galicia ABANCA. Así, do 25 ao 27 de abril terá lugar outro seminario, coa agilitista Verónica Odone, mentres que do 1 ao 4 de maio levarase a cabo a primeira proba da asociación, en colaboración con Canedupo, a cal será cuádrupla e con dous xuíces nacionais. Así mesmo, dende a entidade séguese perfilando nestes momentos un gran evento internacional.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page