Recibe esta nominación polo seu papel na obra A lingua das bolboretas
Laura Moure/Lalín
O actor laliennse Fran Lareu foi nominado aos Premios María Casares a Mellor Actor Secundario polo seu papel na obra A lingua das bolboretas.
Un total de 13 espectáculos competirán en calidade de finalistas para lograr algún dos 14 galardóns que se entregarán durante a gala dos XXV Premios de Teatro María Casares, que se celebrará o 9 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro, acadou un total de oito finalistas. "Estou feliz e agradecido por ser finalista a Mellor Actor Secundario por A Lingua das Bolboretas de Sarabela Teatro. É un orgullo compartir nominación con Ruben Porto e Machi Salgado. Mil grazas ás asociadas por darnos esta alegría neste ano tan intenso", indica Lareu a través do seu perfil de Facebook.

Traxectoria
Lareu traballou como actor en numerosas obras de teatro, formando parte de compañías como Teatro da Ramboia, IlMaquinario Teatro (da que foi cofundador), Viravolta, Sarabela Teatro, Elefante Elegante e o Centro Dramático Gallego. Estivo nominado ao Premio María Casares ao Mellor Actor Protagonista en varias ocasións pola súa participación nas obras de ilMaquinario Teatro.
En televisión empezou como presentador en Canal Deza e tivo unha aparición episódica en Rías Baixas, da Televisión de Galicia. Anos máis tarde interpreou a Iván na serie El faro, durante máis de 200 episodios, dende a terceira tempada ata o final da serie, en 2016, e interpretou a Lisardo na serie Fontealba de TVG, durante as dúas primeiras tempadas. Neste mesmo ano tivo un pequeno papel na película María (y los demás), de Nely Reguera.
En 2018 traballo na serie Fariña, para Antena 3 interpretando a Oli, un dos compoñentes da ROS, xunto a Sito Miñanco e Roque. Interpretou o papel de Manuel Murguía para o telefilm galego Contou Rosalía e ademais participou nas tempadas 7 e 8 de Serramoura.
En 2019 interpretou a Ramiro na serie A estiba, o que lle valeu para unha nominación ao premio Mestre Mateo como Mellor Interpretación Masculina de Reparto. En 2020 participou na serie Vivir sin permiso de Telecinco, no papel de Federico.
Commentaires