top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O 5 de febreiro abrirán as inscricións para participar no Trail de Vilatuxe & Desafío Serra do Candán 2024

Este será o 1 de xuño


Ecos da Comarca/Lalín

O luns día 5 de febreiro as 22:30 horas abriranse as inscricións na plataforma de championchipnorte.com para participar Trail de Vilatuxe & Desafío Serra do Candán 2024 que será o 1 de xuño. Como novidade deste ano a proba de 33 quilómetros será a 4ª proba da Copa Xunta de Galicia de Carreiras por Montaña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

As diferentes probas arrancarán sucesivamente dende as 8:00 horas do sábado 1 de xuño na Praia Fluvial do Pozo do Boi en Vilatuxe, Lalín, as cales serán:

        - 33 quilómetros con 2200 metros de desnivel positivo.

      -   17,5 quilómetros con 1050 metros desnivel positivo.

      -   12 quilómetros con 700 metros de desnivel positivo.

      -   Andaina de 17 ou 12 quilómetros a escoller.

      -   Pequetrail  que terá recorridos diferentes para cada unha das categorías:

             a) Esquíos (de 2 a 6 anos) con un percorrido de 200 m,

              b) Corzos (de 7 a 10 anos) con un percorrido de 500 m 

             c) Xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 m


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O remate das carreiras haberá o tradicional xantar para tódolos corredores e máis sorpresas que xa iremos comunicando.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page