top of page

O 5 de agosto a Feira do Cabalo da Comarca da Ulloa repartirá 2.760 euros en premios

Será en Vilar de Donas e habrá un total de oito categorías para competir


Laura Moure/Palas de Rei

O alcalde de Palas, Pablo Taboada, e o presidente de Asociación a Capela de Vilar de Donas, Raúl López, xunto con outros membros do comité organizador da Feira do Cabalo Comarca da Ulloa, presentaron este xves esta XXX edición, que se celebrará o 5 de agosto, na pista do Hipódromo de Vilar de Donas.

Unha xornada, na que habrá un total de oito categorías para competir: andadura a dous tempos (serrada), andadura a catro tempos (chapedada), trote de trotóns, carreiras de velocidade de cruzados e pura sangre inglés e árabe, carreiras de burros e finalmente a categoría de estampa e beleza.


“Pola mañá terán lugar as probas de andadura, tanto a serrada a dous tempos, como a chapeada a catro tempos e a proba de trote de trotóns que este ano se recupera na competición; mentres que pola tarde terán lugar as probas de velocidade de cruzados, pura sangre inglés, árabe, de burros e a proba de estampa e beleza. Logo a entrega de premios será a última hora da tarde,” indica Raúl López.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Nesta XXX edición, repartiranse un total de 2.760 euros en premios, nos que en cada categoría, hai un: primeiro dotado 150 euros, segundo de 100, terceiro de 50, cuarto de 25 e un quinto premio de 20 euros, ademáis con cada premio farase entrega dunha medalla. O xuíz encargado de verificar as probas será Xabier Gómez Pimentel. E o recinto dispoñerá dun servizo veterinario por parte de Juan Andrés Ayaso, encargado de resolver as incidencias que se poídan presentar.


30 anos

“Debemos sentirnos orgullosos de cumprir trinta anos de celebración desta competición que cada ano trata de dar resposta a unha maior afección entorno ó mundo cabalar. Este ano, incrementamos a dotación orzamentaria en premios ao incorporar, con respecto a edición anterior, unha nova proba, a de trote de trotóns dada a alta demanda de interesados nela,” resalta o mandatario.


Tamén habrá servizo de bar, no que se podrá adquirir bebida e comida.


Horario

En canto o horario que rexe esta xornada, este será o que segue:

  • 10:30 horas: Apertura do recinto feiral e inscricións. Os Cabaleiros da Orde do Priorato de Vilar de Donas farán unha volta o recinto.

  • 11:00 horas: Andadura serrada a dous tempos.

  • 11:45 horas: Andadura chapeada a catro tempos.

  • 12:30 horas: trote de trotóns.

  • 13:30 horas; descanso para xantar (haberá servizo de restauración nas instalacións).

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
  • 16:00 horas: velocidade cruzados.

  • 16:30 horas: velocidade pura sangre inglés.

  • 17:00 horas: velocidade pura sangre árabe.

  • 17:30 horas: velocidade de burros.

  • 18:00 horas: Estampa e beleza.

  • 19:15 horas: Entrega de Premios.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page