Ecos da Comarca/Palas de Rei
A ANPA Ulloa e o Concello de Palas de Rei levan a cabo a primeira ruta ciclista dende a localidade palense ata o Castelo de Pambre (neste municipio), ida e volta. Será o vindeiro domingo, 3 de outubro, con saída ás 11:00 horas dende a Praza do Concello.
Pode inscribirse calquera persoa, sexa ou non socio da ANPA. Deben anotarse, ou poden obter máis información, nos seguintes teléfonos: 625 415 647 ou 615 513 502. A organización recomenda aos participantes levar unha botella de auga e algo para comer.
Comments