top of page

O 29 e 30 de decembro disputarase o I Torneo Solidario de Fútbol Sala Concello de Touro

Hai límite de inscritos e poden anotarse ata o 27 de decembro


Ecos da Comarca/Touro

O 29 e 30 de decembro disputarase o I Torneo Solidario de Fútbol Sala Concello de Touro. O primeiro día arrancará a partir das 19:00 horas e o segundo, durante todo o día. Hai un

límite de equipos, 12.

É solidario porque se ten que entregar un quilo de alimentos non perecedoiros por participante. As inscricións poden facerse ata o 27 de decembro a través do correo deportes@concellodetouro.gal ou do teléfono 981 504 029


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Por outra banda, o 25 de novembro disputarase o partido entre o Monbús Obradoiro e o Covirán Granada no Multiusos Fontes do Sar, de Santiago de Compostela. Será ás 18:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os prezos son reducidos tras un acordo do Concello de Touro co Monbús Obradoiro. Así o custe para os nenos e nenas é de 9 euros e para os adultos, 15 euros. Mentres os rapaces que acuden á actividade de multideporte asistirán gratis dentro do programa de promoción do deporte do Concello de Touro.


Os interesados teñen de prazo para anotarse ata o 21 e poden facelo a través do correo deportes@concellodetouro.gal ou do teléfono 981 504 029.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page