top of page

O 26 e 27 celébrase a VII edición do concurso de disfraces polos bares de Arzúa asociados á AECA

Laura Moure/Arzúa

O 26 e 27 celébrase a VII edición do concurso de disfraces polos bares de Arzúa asociados á Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (Entroido AECA 2022). Participará unha decena de locais da vila, haberá distintos premios e os gañadores daranse a coñecer o día 28.

Estas son as bases do concurso:

  1. A Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa con motivo da celebración do Entroido convoca o VII Concurso de disfraces que terá lugar polos bares asociados inscritos durante o sábado día 26 dende as 18:00 horas ata rematar o domingo 27 de febreiro ás 24:00 horas.

  2. Poderá participar calquera persoa maior de idade ou calquera menor acompañado dun adulto, que o desexe. Os participantes que deberán acudir disfrazados a algún dos locais asociados inscritos no prazo establecido en calidade de clientes, terán dereito a unha degustación de tapas típicas de Entroido con cada consumición.

  3. Estando no interior do local terán que fotografiarse de modo que se amosen ben os disfraces, para despois colgar unha imaxe na páxina de Facebook: Aeca Asoc Empresarios” antes das 24:00 horas do domingo 27 de febreiro.

  4. O xurado popular do Facebook será quen determine aos gañadores nas dúas categorías que se establecen: modalidade individual ou en parella, e modalidade en grupo ou comparsa.

  5. Os participantes que máis me gustas obteñan en cada categoría ata as 24: 00 horas do domingo 27, serán os gañadores dos seguintes premios: Categoría individual ou en parella: un xantar/cea valorado en 50 euros a desfrutar nun local hostaleiro asociado a A.E.C.A. e un mini lote de produtos Estrella Galicia. Categoría en grupo ou comparsa: Un Bono de 500 euros e un lote de produtos Estrella Galicia.

  6. En caso de empate nalgunha das categorías, os representantes de AECA serán quenes valoren e determinen os gañadores sendo éste un fallo inapelable.

  7. AECA dará a coñecer aos gañadores a través da páxina de facebook de AECA o día 28, e cando chegue o momento faranse públicas as imaxes da entrega dos premios nas redes sociais e páxina web da Asociación.

  8. Unha mesma persoa non poderá participar en ambas modalidades. E tan só se terá en conta unha fotografía por cada participación; que deberá estar etiquetada na biografía de Aeca Asoc Empresarios.

  9. Así mesmo AECA resérvase o dereito de declarar os premios desertos por falta de calidade ou por incumprimento das bases. A organización poderá tomar calquera decisión con respecto as presentes bases de xurdir algunha dúbida ou cuestión.

  10. A participación neste concurso implica a aceptación total destas bases.


Bares asociados inscritos ao concurso: A QUEIXEIRA DE ARZÚA A TABERNA DE MERA BAR MANOLO BAR PEDRITO CAFÉ TEATRO CAFETERÍA DEGUSTACIÓN ARZÚA CAFETERÍA PRAZA O FURANCHO D´SANTISO PARRILLADA PULPERÍA EUROPA PULPERÍA RAXERÍA LUÍS

Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page