top of page

O 22 de decembro celebrarase a 1ª Papanoelada Cicloturista de Arzúa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Actualizado: 16 dic 2024

É unha actividade gratuíta, pero é necesario inscribirse previamente


Laura Moure/Arzúa

Este Nadal en Arzúa vai sobre rodas! A Concellería de Turismo convida a pequenos, grandes e familias enteiras a poñerse o pucho de Papá Noel e desfrutar dunha mañá de deporte, diversión e moito espírito festivo na I Papanoelada Cicloturista do Concello de Arzúa. Terá lugar o vindeiro domingo 22 de decembro con saída dende a Praza de Galicia.

Haberá dúas rutas para todos os gustos:

- Ruta 1: Se che gusta pedalar con ritmo, esta é para ti! 17 km pola contorna de Arzúa, pasando polas Barrosas e outros recunchos cheos de encanto. Saída ás 9:00 horas.

- Ruta 2: Especial para os máis pequenos e as súas familias. Un percorrido de 4 km pensado para que todos poidan pasalo en grande. Saída ás 11:00 horas.


Publicidade  

"Disfrázate de Papá Noel ou engade un toque navideño. Queremos encher as rúas de Arzúa de cor, sorrisos e moita maxia. Non tes bici? Tranquilo, haberá un servizo de préstamo de bicicletas para que ninguén quede sen participar. Ao rematar as rutas, agárdavos unha deliciosa chocolatada con biscoito para repoñer forzas e seguir co espírito festivo", sinala o Concello.


Inscricións gratuítas:

As inscricións son gratuítas e os interesados poden anotarse ata o xoves, 19 de decembro, enviando un correo a nadalarzua@gmail.com ou cubrindo o formulario dispoñible en https://forms.gle/JuDm7CiL2CGx4wn2A


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Unha actividade para todos!"

Begoña Balado, concelleira de Turismo, Comercio e Promoción Económica, anima a todo o mundo a unirse: “Que mellor maneira de vivir o Nadal que pedaleando pola nosa vila, gozando da contorna e compartindo risas con amigos e familiares? Será unha mañá inesquecible para todos, desde os máis pequenos ata os maiores”. Non deixes que cho conten. Vén, desfruta e forma parte desta festa sobre rodas", recalca Balado.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page