top of page

O 21 de xuño disputarase a proba deportiva Os 21 do Camiño, entre Palas de Rei e Melide

Participarán máis de 1.000 atletas


Ecos da Comarca/Melide/Palas

O Concello de Melide será o sábado 21 de xuño, meta da proba deportiva Os 21 do Camiño, a media maratón que une a localidade con Palas de Rei a través do Camiño de Santiago. Máis de 1.000 atletas tomarán parte nesta undécima edición da proba que conta con dúas modalidades, a clásica e a de seis quilómetros.


Entre as e os corredores que se agardan na presente edición, figuran nomes como Pablo Otero, Manu Lorenzo, Tina Fernández e Mónica Gutierrez, entre outros. A saída de ambas probas será ás 18:30 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Outras actividades

O mesmo sábado pola mañá celebrarase unha actividade de iniciación á orientación para nenas e nenos ata 16 anos. O percorrido conta con dúas distancias, iniciación curta de 2,5 km e a longa, de 4 km.


Partirá ás 10:30 da mañá do pavillón municipal, onde terá lugar a charla técnica para dar

saída a proba ás 11:00 horas dende a Praza do Convento.





Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page