top of page

O V Trail da Carixa será o 8 de setembro

Ecos da Comarca/Deza

O Trail da Carixa celebrará a súa V edición o 8 de setembro contará cunha festa sen precedentes con DG, camisola conmemorativa,coa colaboración directa de Empanada das mellores panaderías de Galicia como panadería Mazás, Altamira, Gonzales, pan de Leveda, callos Da casa Sanmartín, Bar Galica, Premio ao mellor Photocall, comida da Casa Don Din, tortillas da Esgalla, froita de MercaMax, cervexa do Restaurante a Robleda, RG bike...


O evento estará formado por unha proba Trail individual de 20 km, Trail por relevos de 9 + 11 km, Trail cadete 9km cunha espectacular camisola conmemorativa; Andaina de 9 km, unha magnífica toalla da Carixa  e Pequetrail de 0.5 a 3 km e haberá unha sorpresa para os máis pequechos cunha pequena merendola.

As carreiras Trail e andaina celebraranse o domingo día 8 de setembro de  2024 con saída e chegada dende a praia fluvial de A Carixa coa presenza da Xeneral do Ulla a cal dará a saída da mesma. Ás catro probas terán a saída as 10:00 horas; sobre un percorrido aproximado  de 20 km para o Trail individual e por relevos con un desnivel positivo de 1.100 m  e 9 km para o Trail Cadete e andaina cun desnivel positivo de 460 m.


Contará cun total de 600 prazas que se repartirán do seguinte xeito entre as  diferentes modalidades:

  • A carreira Trail individual sobre un percorrido de 20 km poderase facer baixo a modalidade de relevos, en equipos de dúas persoas os cales poderán ser mixtos.

  • O Pequetrail celebrarase o sábado día 7 de setembro de 2024 a partir das 11:00 horas.


Recorridos diferentes para cada unha das categorías: 

i. esquíos (de 2 a 6 anos) cun percorrido de 500 metros. 

ii. corzos (de 7 a 9 anos) cun percorrido de 1.000 metros.

iii. xabaríns (de 10 a 14 anos) con un percorrido de 3000 metros.

 Para a celebración desta proba precisarase un mínimo de cinco inscritos  en cada categoría. Os participantes poderanse anotar o mesmo día da proba no lugar  habilitado para o reparto de dorsais. Haberá premios para todos os participantes.


6. Trail Cadete 9 K: sairá as 10:00 horas.

So poderán participar as persoas debidamente inscritas con idades de  15,16 e 17 anos, é dicir que non cumpra os 18 anos o ano de referencia. Haberá premio para os tres primeiros participantes masculino e  feminino.


7. Trail 9 + 11 K por relevos sairá as 10:00 horas. So poderán participar as persoas debidamente inscritas con 18 anos de idade ou mais.


 - Os equipos estarán compostos por dúas persoas, nunha única  categoría absoluta, podendo ser estes masculino, feminino ou mixto.

- O primeiro relevista fará o percorrido do primeiro tramo 9 k e o segundo  de 11 k no segundo tramo.

- Haberá premio para os tres primeiros clasificados da categoría un zoco de Helena Ferro, Cunha comida que otorgará o restaurante Malacatra na Gouxa Dozón 

- Categorías Masculina e Feminina : Cadete, Júnior e Absoluta. 

- Categoría Cadete: 15,16, e 17 anos, é dicir que non cumpra os 18 anos o ano de referencia.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

- Categoría Júnior: 18,19, e 20 anos, é dicir que non  cumpra os 21 anos o ano de referencia.

- Categoría Absoluta: a partir dos 21 anos cumpridos o  ano de referencia

- Sub categorías Masculino e Feminina: Promesa e Veterana A e B 

- Sub categoría Veterana A:  o Masculina e feminina de 40 a 49 anos, é dicir que non cumpra os 50 anos o ano de referencia.

-Sub categoría Veterana B:  o Masculina e feminina de 50 a 59 é dicir que non cumpra os 60 anos o ano de referencia.

-Sub categoría Veterana C: 

INSCRICIÓNS: Serán a través da páxina ccnorte.com están abertas ata o luns 2 de setembro de 2024.


A recollida de dorsais para ambas probas poderá realizarase o mesmo día na  zona de saída e meta entre as 8:00 e as 9:30 horas. Para a retirada de dorsais  será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page