Laura Moure/Terra de Melide
Os Concello de Melide e Toques, xunto coa Asociación Deportiva Cerne e a colaboración de Cartotec Gabinete e a Deputacion da Coruña, organizan unha andaina que une ambos concellos a través do punto máis alto da provincia, 𝗢 𝗖𝗼𝘁𝗼 𝗣𝗶𝗹𝗮𝗿, 𝟴𝟬𝟯 metros 𝗱𝗲 𝗮𝗹𝘁𝗶𝘁𝘂𝗱𝗲. Será o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
A hora de saída será ás dez da mañá e poderase saír desde o Concello de Toques ou de Melide. Haberá autobuses na cima para desprazarse ás zonas de saída de ambos municipios.
Inscricións:
Os interesados deberán inscribirse previamente do 10 ao 14 de maio, ambos inclusive. Poden facelo ben de maneira presencial en ambos Concellos ou a través da aplicación Sporttia (dispoñible en iOS e Play Store).
As persoas inscritas recibirán a ubicación da saída así como o tracking por se queren navegar o percorrido. A realización do evento terá lugar sempre que a lexislación vixente, a situación sanitaria e as condicións metereolóxicas o permitan

Comments