O 112 Galicia xestionou máis de 450 incidencias durante a noite de San Xoán
- ecosdacomarca
- 24 jun
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
O 112 Galicia xestionou máis de 450 incidencias durante a noite de San Xoán. Ningún dos incidentes rexistrados resultou ser de especial gravidade, tal e como informa o 112 Galicia.

Esta noite de San Xoán tivo bastante actividade, rexistrándose un total de 1.195 chamadas entre as 20:00 horas de onte e as 7:00 horas do día de hoxe. Estas chamadas traducíronse en 451 incidencias, coas asistencias sanitarias como intervención máis repetida ao longo da noite, con case 200. Tamén foron reiterativos os requirimentos das forzas da orde, xa sexa por pelexas (52) ou por xente agresiva (26). Contabilizáronse ata 10 incendios urbanos, así como ata 33 incendios de outros tipos.
Publicidade
Así mesmo, a cidade desde a que se reportaron maior número de incidencias foi A Coruña, con máis de 50, seguida de Vigo, con 44.
Publicidade
Dentro das incidencias que se xestionaron ao longo desta noite, cómpre mencionar que varias persoas tiveron que ser atendidas por queimaduras en fogueiras en Mos, Soutomaior, Vigo e Marín, o que requiriu a intervención do persoal sanitario. Ademais, nun incendio urbano na Coruña (arredor das 2:20 horas), un home precisou de ser trasladado ata o centro hospitalario para valoración.
Comments