top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O 112 Galicia supera as 600 incidencias xestionadas debido a meteoroloxía adversa

Ecos da Comarca/Xeral

Por fortuna, ningún destes casos provocou danos persoais, rexistrándose o incidente máis grave co desprendemento de terra e pedras que causou o envorco dun vehículo na A-6, ao seu paso por Becerreá. O tráfico continúa interrompido no punto e desviado pola N-VI como vía alternativa.


Desde o mediodía deste mércores día 18 e ata as 8 horas da mañá de hoxe, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias rexistraron un total de 604 incidencias. Concretamente, desde as 18 horas de onte sumáronse 169 incidentes, a maior parte relacionados coa caída de árbores e pólas nas estradas.


Precisamente desde a tarde de onte (entre as 18 horas e as 8 horas de hoxe), esta tipoloxía superou o cento de casos (104), seguida dos obstáculos na vía (13), postes de alumeado ou material eléctrico afectado (12), os traballos dos servizos de emerxencias para previr riscos maiores (como a retirada temperá de vexetación) ou os anegamentos en estradas (5).


No relativo ás provincias, tamén desde a tarde de onte rexistráronse 81 incidencias na da Coruña e 64 na de Pontevedra. En Lugo e en Ourense, os efectos sufridos debido aos episodios meteorolóxicos adversos foron menores (17 e 7, respectivamente).


Como era esperable, desde o mediodía do mércores os concellos das provincias da Coruña e Pontevedra resultaron ser os máis afectados. No caso da Coruña, Santiago de Compostela acumulou 27 incidencias, por 21 da Coruña. En Pontevedra, Vigo chega xa aos 33 incidentes, Pontevedra aos 19 e en Tui rexistráronse unha decena de casos.

En Ourense destacamos as 4 incidencias do Barco de Valdeorras e as 3 do Carballiño. Por Último, en Lugo destacou Xermade, con 4, mentres que Friol, Ribadeo e Ribadavia quedáronse en 3 incidentes.


Publicidade


Nestes momentos permanece activa unha alerta laranxa costeira, que se converteu nunha alerta máxima (vermella) no oeste e noroeste da provincia, así como en Lugo. Ademais, os efectos do vento déixanse notar especialmente nas provincias da Coruña e Lugo.


Publicidade

Desde o 112 Galicia recomendamos adoptar as medidas de auto protección necesarias para garantir a seguridade da poboación, tendo en conta ademais que hai un aviso amarelo por chuvias que seguirá activo durante a mañá.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page