top of page

O 112 Galicia rexistrou máis dun centenar de incidencias debido ás tormentas da pasada noite

Ecos da Comarca/Xeral

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de xestionar un total de 134 incidencias, entre as 19:00 e as 00:00 horas da pasada noite, polas tormentas que afectaron, principalmente, a Lugo e a Ourense.


As tormentas que tiveron lugar nas últimas horas causaron maioritariamente incidencias relacionadas coa caída de árbores, pólas e outros obstáculos nas estradas, un total de 105, que obrigaron a intervir aos distintos servizos de emerxencia, co fin de restablecer as condicións de seguridade nas vías.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Por provincias, a de Lugo foi a máis afectada, na que se rexistraron 81 incidencias relacionadas con este fenómeno meteorolóxico adverso. A segunda provincia onde tiveron lugar máis incidencias foi a de Ourense, que alcanzou as 32, seguida da provincia da Coruña, na que se contabilizaron 11 incidencias, e Pontevedra, que sumou 10 incidencias.






















Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page