top of page
Foto del escritorLaura Moure

O 112 Galicia rexistrou máis de 240 incidencias polos efectos da meteoroloxía adversa este domingo

Laura Moure/Xeral

Entre as 8 e as 23:59 horas do domingo, a chuvia e o vento deixaron un total de 242 incidencias. A maioría delas rexistráronse na provincia de Pontevedra, con 93, seguida da Coruña (76), Lugo (55) e Ourense, con 17.

Unha vez máis, a caída de árbores e pólas nas estradas foi a tipoloxía máis repetida, superando o cento de casos (111). A continuación, sitúase a acción dos equipos de emerxencias para evitar riscos maiores (26), as inundacións e as bolsas de auga nas estradas (24) ou os cables e postes de luz ou telefonía nas vías de circulación (20). Nas estradas tamén se rexistrou a presenza de terra e pedras (14), mentres que nas vivendas e baixos comerciais a chuvia provocou varias inundacións, con 5 e 2 casos contabilizados polo 112 Galicia, respectivamente.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

En canto aos concellos, na provincia da Coruña destacan A Coruña e Ares (6), así como Ortigueira (4) ou Arteixo (3). En Lugo, Viveiro sumou un total de 7 incidencias; en Pontevedra, o municipio máis afectado foi Vigo, con ata 17 incidentes. A continuación sitúanse Cerdedo-Cotobade (7) e Gondomar (5). Por último, Ourense foi a provincia menos afectada, con só 17 casos ao longo do día que se repartiron entre os Concellos de Boborás (2), A Rúa, Monterrei, Porqueira, Xinzo, Cortegada, Maceda, Entrimo, Ribadavia, Cartelle, Celanova, Castrelo de Miño, Coles, Ramirás, Laza e Piñor, todos estes cunha única incidencia contabilizada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Alertas activas na comunidade

Convén sinalar que nestes momentos permanecen activos tanto o Plan Especial ante o Risco de Inundacións en Galicia (Inungal) como unha alerta laranxa que afecta a todo o litoral da comunidade.


No caso do Inungal, atópanse en seguimento as estacións de aforo dos ríos Anllóns (Ponteceso), Ladra (Begonte), Miño (Lugo), Mera, Mandeo, Tea (Bouzo do Viso), Ouro, Mendo e Arnoia (Baños de Molgas).


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Polo tanto, cómpre extremar as precaucións nas marxes destes ríos e ao seu paso polos concellos de Ortigueira, Betanzos, Paderne, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salceda de Caselas, Ponteareas, Salvaterra de Miño, Tui, Gondomar, Allariz, Baños de Molgas, Vilar de Barrio e Maceda.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page