top of page

O 112 Galicia rexistrou 8 incendios urbanos nas últimas horas

Potas que se esquecen no lume, cabichas e chemineas son o denominador común, aínda que tamén sobresaen outros sinistros coas causas por esclarecer


Ecos da Comarca/Xeral

Nesta época do ano temos que ter moito coidado con todo aquilo que poida derivar nun incendio. Sen ir máis lonxe, nas últimas horas o 112 Galicia rexistrou oito incendios urbanos. O balance: moitos danos materiais e algunha persoa que se desprazou pola súa conta ao centro médico por síntomas de intoxicación por inhalación de fume. Potas que se esquecen no lume, cabichas e chemineas son o denominador común, aínda que tamén sobresaen outros sinistros coas causas por esclarecer. Neste senso, o 112 destaca a intensidade dos incendios rexistrados en Cerdedo-Cotobade, Allariz e A Estrada, que remataron sen danos persoais.


"Así, desde as oito da tarde de onte, cando se rexistrou o lume de Cerdedo-Cotobade, ata as sete desta mañá, cando anotamos o último, en Muros, sucedéronse este tipo de sinistros con distintos orixes, pero con algún denominador común: olas, cabichas e chemineas", sinala o 112.

Foto de arquivo.

Os máis importantes, se atendemos á intensidade do lume e aos danos provocados, son os de Cerdedo-Cotobade, Allariz e A Estrada. Así, en Cercedo-Cotobade, ardeu a metade dunha casa situada no lugar do Carballal. Mesmo colapsou o tellado, pero ninguén resultou ferido. 


Neste operativo interviñeron os membros do GES da Estrada, axentes do Distrito Forestal da zona, recursos do Concello, voluntarios de Protección Civil da localidade e Garda Civil. Desde o 112 Galicia, informouse tamén aos Bombeiros de Pontevedra. As labores para a extinción deste lume prolongáronse ata case a media noite. 


Pola contra, na Estrada, concretemente en San Xurxo de Vea, no empalme coa estrada cara a Pontecesures, outra vivenda, neste caso deshabitada, comezou a arder. Perdeuse todo o interior do inmoble, onde había colchóns e mobles. Para facer fronte a este sinistro, que se anotou no 112 Galicia preto das nove da noite de onte, avisouse aos Bombeiros do Deza e, pouco despois, sumáronse os membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Teo e do GES de Padrón. Tamén os efectivos do GES da Estrada cando remataron a intervención en Cerdedo-Cotobade.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Despois, pasadas as dez da noite, en Allariz, no lugar de Coira, outro incendio sorprendía aos veciños, que alertaron ao 112. Neste caso, ardeu por completo a casa, só quedaron as catro paredes, xa que o tellado chegou a colapsar.  Deste xeito, a intervención dos Bombeiros de Xinzo centrouse en extinguir o lume e protexer unha vivenda lindeira que corría risco. Con todo, e logo de aplicar 16.000 litros de auga e unha capa de escuma, tiveron que volver por un pouco de madeira nun recuncho que se reactivou.


"Se atendemos a orixe dos incendios, tixolas, potas e cabichas, debemos sinalar os sinistros de Chantada, Arbo e Cangas. Todos ocorreron durante a noite a madrugada, polo que nalgún caso, sorprenderon aos veciños mentres durmían".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Así, en Chantada, encheuse de fume as zonas comúns dun edificio por mor dunha tixola que prendeu lume nunha cociña. No interior do inmoble había tres persoas, que foron quen de atallar as lapas, xa estendidas pola campá extractora e os mobles. Finalmente, ninguén tivo que ser trasladado. Á Avenida de Ourense, razón social deste incendio, acudiron os Bombeiros de Chantada.


"En definitiva, un caso moi semellante ao que se rexistrou en Cangas ás 4:20 da madrugada, onde os membros do Servizo Municipal de Protección Civil reduciron un incendio nunha cociña sen danos persoais. Igualmente nesta situación resultaron afectados os mobles e a campá extractora".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Pola contra, en Arbo, aínda que o incendio produciuse na cociña, foi unha cabicha o detonante. Os propios ocupantes da vivenda apagaron o lume, que, en calquera caso, alcanzou aos mobles da cociña.


"Por último, destacamos os sinistros de Cartelle e Muros, nos que o inicio dos lumes centrouse nas chemineas. Ao contrario dos casos anteriores, en Muros, si foi necesaria a asistencia médica para unha muller que presentaba algún síntoma por inhalación de fume. Ela mesma, acompañada por un familiar, acudiu ao centro de saúde. En ambas as dúas localizacións, arderon as chemineas, en Muros por un casete de pellets, e, en Cartelle, pola feluxe acumulada no interior. En canto aos medios que interviñeron nestes últimos sucesos, foron os afectivos dos GES de Muros e Ribadavia, respectivamente, quen asumir a extinción dos lumes".




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page