top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O 112 Galicia rexistra máis de 200 incidencias pola meteoroloxía adversa nas últimas horas

Ecos da Comarca/Xeral

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) vén de rexistrar, entre as 18:00 horas de onte e as 7:00 desta mañá, un total de 211 incidencias relacionadas coa meteoroloxía adversa debido á alerta amarela decretada na nosa comunidade por choivas e vento.


Por provincias, Pontevedra foi a máis afectada con un total de 99 incidencias, seguida da Coruña con 84. En Lugo e Ourense os efectos foron máis leves, onde se contabilizaron 22 e 6 incidencias respectivamente. En canto ás tipoloxías protagonistas, na meirande parte do territorio galego, a principal foi a de restos de árbores e pólas na estrada (98), seguida por restos de accidentes e obxectos na vía (14) e polo risco de inundacións en vivendas (13).


En canto aos termos municipais desde os que se recibiron máis alertas de incidencias no 112 Galicia, na provincia pontevedresa destaca a cidade de Vigo con 25 incidencias xestionadas, A Estrada con 7 e Pontecaldelas ou Lalín con 4. Así, nas primeiras horas da madrugada, o 112 Galicia recibiu varias chamadas de particulares que informaban de asolagamentos en diversas rúas da cidade olívica coma a Avenida da Gran Vía, Puxeiros ou Ramón Nieto. Xunto a estes avisos, tamén se tivo constancia de diversos obstáculos na VG-20 e na AP-9 ao seu paso pola cidade.


Xa na Coruña, os concellos costeiros da Pobra do Caramiñal e de Rianxo foron os que rexistraron máis incidencias, un total de 15. Na Pobra, a maioría delas foron por mor de bolsas de auga no lugar do Xobre-Maño, en canto que na localidade rianxeira houbo varios avisos por árbores nos carrís da AG-11 e da estrada comarcal AC-553. Nas cidades de Santiago de Compostela e da Coruña tamén houbo consecuencias meteorolóxicas, con 9 e 5 incidencias rexistradas, respectivamente.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page