top of page

O 112 Galicia rexistra 270 incidencias por meteoroloxía adversa desde o mediodía do mércores

Ecos da Comarca/Xeral

Entre as 12 de onte e as 6 horas desta madrugada, o 112 Galicia rexistrou un total de 271 incidencias relacionadas co vento e a chuvia que afectan á comunidade. A maioría delas tiveron lugar durante a tarde do mércores, mentres que esta madrugada sumáronse unicamente 9 incidentes, ningún deles de consideración.

En primeiro lugar, cómpre sinalar que nestes momentos un aviso amarelo por chuvia e vento afecta a todo o territorio galego. No litoral tamén permanece activo un aviso do mesmo nivel.


As incidencias relacionadas coas vías de circulación foron as máis repetidas, coas árbores e pólas (86), os anegamentos e as bolsas de auga (38), a terra, as pedras ou as verteduras (9) como destacadas. A continuación sitúanse as actuacións dos servizos de emerxencias para evitar riscos maiores (35) e os anegamentos en rúas (32), vivendas (12), garaxes (9) ou baixos comerciais (8).

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

En canto ás provincias, a da Coruña é a máis afectada con 130 incidencias, seguida de preto por Pontevedra (107). Pola súa banda, Lugo (26) e Ourense (8) sufriron con menor intensidade os efectos da meteoroloxía adversa.


O maior número de incidentes rexistrouse en concellos como Santiago (22) e A Coruña (6), na provincia da Coruña; Pontevedra e Tui (8), así como A Estrada (5), na de Pontevedra; Ribadeo e Friol na de Lugo, con tres cada un e, por último, os municipios de Avión e O Barco de Valdeorras sumaron tres na provincia de Ourense.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Incidencias destacadas Por fortuna, ningunha das incidencias que se rexistraron no 112 Galicia durante a tarde de onte e ao longo desta madrugada causou danos persoais. Destacan, iso si, algúns casos nos que se viu afectado o alumeado público de cidades como Pontevedra, Santiago, Vigo ou Ferrol.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page