top of page

O 112 Galicia avisou aos concellos de Arzúa, Melide e Santiso por unha vertedura de xurro nun regato


E.C./Comarcar Arzúa/Terra de Melide

O 112 Galicia avisou aos Concellos de Arzúa, Melide e Santiso pola vertedura de xurro nun regato na parroquia melidense de Orois. A empresa xestora do abastecemento de auga encargouse rapidamente das tarefas de limpeza, sen que se vise afectado o subministro á poboación.

Ademais, desde o 112 Galicia foron informados a Garda Civil, técnicos de Augas de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, os axentes da Policía Autonómica e da Policía Local de Melide e Arzúa e os voluntarios de Protección Civil de ambas localidades.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O 112 Galicia rexistrou o aviso a través dunha chamada dos técnicos da empresa subministradora da auga da zona, que alertaban dunha vertedura de xurro no regato Pota Piñeiras.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Do mesmo xeito, para que tomasen as medidas preventivas necesarias, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse ás autoridades locais de Arzúa, Melide e Santiso, que confirmaron que unicamente o concello de Arzúa facía captación de auga no curso afectado.


Non obstante, a rápida actuación dos propios técnicos da empresa permitiron eliminar a vertedura sen que chegase a afectar ao subministro de auga da localidade.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page