top of page

O 10 e 11 de setembro disputarase a terceira edición do Trail Da Carixa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Deza

A que será a tercera edición do Trail Da Carixa disputarase a segunda fin de semana de setembro ( sábado 10 e domingo 11) como xa e avitual no calendario galego da Man do Gtr Galaico Trail Run, e "coa incansable" colaboración dos concellos de Vila de Cruces e Silleda aportando medios e materias e económicos para a realización da proba. Esta mañá tivo lugar a presentación desta cita na que ademais dos organizadores estiveron presentes os concelleiros cruceños Julio López e Mireya Otero.

O sábado será como xa é marca do GTR, o famosos pequetrail que será para todos aquel@s cativ@s dende 0 a 14 anos coas distancias esquío, corza e xabarín, cun agasallo de fin de proba para tod@s @s participantes, coa sua merendola e cos seus respectivos xogos para a diversión de cativ@s e maiores.


O domingo xa o día da competición raíña e haberá dúas probas de nivel como son a distancia longa de 20 quilómetros. "Con 2.000 metros de desnivel acumulado que este ano ten innumerables sorpresas no percorrido facendo moito máis vistoso e divertido para os competidores, entre elas sobre o quilómetro 14 atopámonos co Mosteiro de Carboeiro que seremos privilexiados por pasar a proba polo seu interior. A distancia de relevos, unha proba a cal os corredores participan na modalidade dúo, realizando un dos corredores 8'300 quilómetros", explica a organización.


A parte máis rápida é o outra segunda con 12' 700 quilómetros. "Proba na que o relevo de corredores se dá na mesma saída de meta, xa que o Trail Da Carixa é unha das únicas probas que é capaz de realizar un perfecto oito de circuíto. Por último, e non menos importante temos a andaina que conta co seu paso pola Fervenza do Toxa, polo photocall  do Trail facendo a ledicia dos senderistas".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Colaboradores

Ademais destaca o grao de colaboración. "Este ano no fin de festa contaremos co apoio do Bar Refugio, que será o encargado de dotar de cerveza e unha auga aos corredores; as panaderías do concello ( Mazás, Altamira, Merza) que otorgarán deliciosas empanadas e pan; Pazo Anzuxao facendo entrega dos seus queixos con marmelo; Amegorve fará entrega de mexilón o cal se encarga eles mesmos da súa preparación e o restaurante Sanmartin que aposta forte por este tipo de iniciativas e fai entrega dos xa conocidos callos do Corpiño para tódolos participantes; gran colaboración tamén do restaurante Esgalla, Galicia, Don Din, Supermercado Foriz, Bar Rufo, Rgbikes, fisioterapia Heia, e un gran número de voluntarios os cales estamos orgullosos de contar co grupo humano tanto do GTR Galaico Trail Run, como voluntarios".

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page